Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 3

Teatro Principal

Duración: 76m 42s

Color-blind

Color-blind

Ben Russell

  • 2019
  • 30:00
  • Francia, Alemaña
  • DOC
  • COR

Un retrato sinestésico delirante en S16 mm realizado na Polinesia Francesa e bretaña, Color-Blind recruta a incansable fantasma de Paul Gauguin como un guía espiritual inquedo á hora de escavar no legado poscolonial dun presente pos-poscolonial decididamente sincrético.

Momentum 115811

Momentum 115811

Manuel Knapp

  • 2018
  • 12:37
  • Austria
  • ANI
  • B&N

A segunda parte dunha serie de animacións creadas por ordenador. A serie MOMENTUM presenta por un lado espazos reflexados por texturas, e por outro lado unha proxección deles, da súa temporalidades e imaxes residuais que poden ser vistas a unha velocidade de 30 fotogramas por segundo cambiando entre os dous estados do desdobramento espacial.

Estrea en España

Gulyabani

Gulyabani

Gürcan Keltek

  • 2018
  • 34:05
  • Turquía
  • DOC
  • COR, B&N

Gulyabani é un ente, un demo, un estraño: é o espírito inquedo dun lugar desolado e solitario. Fethiye Sessiz, unha clarividente de Esmirna nos anos 70 e 80, lembra episodios da súa supervivencia tras abusos, secuestros e violencia. Gulyabani relata os acontecementos da súa infancia a través das anotacións do seu diario e das cartas que escribe ao seu fillo.