Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 2

Teatro Principal

Duración: 78m 33s

Now, at Last!

Agora, por fin!

Ben Rivers

  • 2019
  • 40:00
  • Reino Unido
  • EXP
  • COR, B&N

Unha película sobre un preguiceiro, na que se separan tres cores para amosar o tempo do preguiceiro.

Estrea en España

Imperial Valley (cultivated run-off)

Val Imperial (paseo)

Lukas Marxt

  • 2018
  • 13:58
  • Austria
  • EXP
  • COR

O Val Imperial representa unha das rexións de agricultura industrial máis importantes de California. Os intereses empresariais por producir agricultura puideron cultivar con éxito e explotar esta parte xeolóxica do deserto de Sonora mediante un sistema de rego xigantesco alimentado polo río Colorado.

Mensch Maschine or Putting Parts Together

Mensch-Maschine ou unindo as pezas

Adina Camhy

  • 2019
  • 08:00
  • Austria
  • EXP
  • COR

Unha historia real convértese no punto de partida dunha reflexión cinematográfica que vai do persoal ao político. En lugar do sintetizador que quere, ao narrador en primeira persoa danlle un procesador de alimentos como regalo. Abraiado, decide investigar os posibles motivos disto. Ao final, a conclusión formula varias preguntas: que identidades e construcións de xénero veñen inscritas nestes dispositivos? Cales son as relacións entre a xente e as máquinas, os corpos e os dispositivos, os campos doméstico e artístico? Que conexións poden ser realizadas entre dous instrumentos tan diferentes e que papel xoga a tecnoloxía militar en todo isto?

Estrea en España

Never Never Land

Never Never Land

Michael Fleming

  • 2019
  • 09:15
  • Países Baixos
  • EXP
  • COR, B&N

Never Never Land trata da obsesión pola perfección física, por dominar e por querer controlalo todo. Non so por ser o ser humano perfecto, senón tamén por crealo. O azar é substituído pola elección.

Mustererkenntnis

Patrón cognitivo

Thorsten Fleisch

  • 2019
  • 07:20
  • Alemaña
  • ANI, EXP
  • COR

Cando miras moito tempo a unha pantalla, a pantalla tamén te mira a ti.

Estrea en Galicia