Quen somos

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine, naceu no ano 2003 como unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, coa intención de potenciar a creación cinematográfica.

Dezaseis edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na súa Sección Oficial compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos, tendo sempre a contemporaneidade e o risco como referentes. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os creadores e creadoras, a formación e a integración da cidadanía no mesmo. Máis alá de ser un festival de cine, coas súas actividades paralelas e concertos, Curtocircuíto é un punto de encontro lúdico e cultural.

Dirección artística: Pela del Álamo 
Coordinación xeral e dirección de produción: Sabela Mendoza
Programación: Pela del Álamo, Pixi Arnoso, Brais Romero
Responsable técnico, tráfico e control de copias: Pixi Arnoso
Coordinación de convidados: Marta Díaz 
Coordinación de contidos e públicos: Alicia Alonso 
Comunicación e prensa: Andrea Villa, Julia Sánchez
Redes sociais: Anxela Baltar
Xefe de produción: Pablo Comesaña
Produción de actividadesconcertos e eventos: Coque Dosil, Ezra Vázquez
Produción de convidados: Victoria Blanco, Jesús Silva
RR.PP. convidados: Sara Roca
Departamento pedagóxico: Coque Dosil
Deseño: Juan Junquera 
Fotografía: Aigi Boga 
Asistente vídeo, deseño e tráfico de copias: Emilio Horyaans
Transfers: Iván Martínez Duro
Subtitulado: Marián Sande 
Traducións: Veneatra Dambreville, Andrés Corral
Becarias: Laura Méndez Cuervo, Alba Beiro Lago
Web: Numax