Acreditacións

A acreditación profesional ten un custo de 12 €.

A acreditación de prensa é de balde.

Este formulario é unha solicitude de acreditación para Curtocircuíto 2019; a organización confirmará a súa aceptación e tal acreditación será efectiva tras o pagamento e a recollida nas oficinas do festival. As acreditacións poden ser recollidas a partir do sábado 28 de setembro ás 16:00 h na oficina do festival na sede de Abanca Obra Social e o resto de días en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

Por favor, le con atención as condicións e cubre o seguinte formulario:

— O prazo para solicitar a acreditación estará aberto ata o 25 de setembro de 2019.
— O pago das acreditacións profesionais farase exclusivamente mediante o enlace situado ao final destas normas. É imprescindible adxuntar o xustificante de pago no formulario de inscrición. 
— A acreditación profesional dá acceso a todas as proxeccións de pagamento de Curtocircuíto 2019, previa retirada da entrada no despacho de billetes.
— O titular da acreditación recibirá, alén diso, unha copia do catálogo de Curtocircuíto 2019 e unha bolsa promocional do festival.
— Esta acreditación non dá acceso ás actividades formativas. Para participar nelas é preciso encher os formularios correspondentes.
— Para o acceso aos actos de inauguración e clausura, que son gratuítos, tamén haberá que retirar unha entrada en taquilla.
— A acreditación non cobre a entrada aos concertos. Estas deben adquirirse nos puntos de venda habilitados para a ocasión.
— Tanto a prensa como os profesionais haberán de identificarse no momento de recolleren a súa acreditación.

O festival non cobre gastos de transporte nin de aloxamento. Se desexa asistir a Curtocircuíto, pode pedir información sobre os hoteis con desconto do festival en acreditaciones@curtocircuito.org.

Pagar acreditación