Filmes

Todos os filmes

Kevin B. Lee ft. Harun Farocki

Harun Farocki (1944-2014) produciu máis de 120 traballos entre películas, televisión e videoarte, pero o seu enorme impacto sobre a paisaxe dos medios de difusión aínda non foi apreciado na súa totalidade. Durante a súa labor como primeiro artista residente do recentemente creado Instituto Harun Farocki en Berlín, Kevin B. Lee produciu unha serie de videoensaios sobre Farocki para o Instituto Goethe. Os videoensaios adoptan a propia estratexia de Farocki de “imaxes estudando imaxes” para explorar a formidable obra do artista, aplicando fórmulas innovadoras como o documental de escritorio (desktop documentary) e a lexicografía videográfica.

Ler máis Ver menos

Kevin B. Lee ft. Harun Farocki

En colaboración con: 

NUMAX

Duración: 60m 40s

Harun Farocki: The Counter-Image

Harun Farocki: A contra-imaxe

Kevin B. Lee

  • 2018
  • 11:10
  • Alemaña
  • DOC
  • COR

Esta investigación de escritorio pregunta: como pode alguén comezar a saber máis sobre Harun Farocki? Comeza cunha inocente procura en internet para ver que aparece. Revisa por riba o conxunto da súa obra e pregunta como debería un comezar a vela. Empregando diferente métodos para dar sentido ás imaxes de Farocki, xorde un concepto clave: a contra-imaxe.

Zwei Wege

Dous camiños

Harun Farocki

  • 1966
  • 03:00
  • Alemaña
  • ANI
  • B&N

Esta obra corta pra a canle de televisión Sender Freies Berlin (SFB) é moi relevante para os seguintes traballos de Farocki. Two Paths é a descrición dun cadro! Farocki amósanos unha imaxe dun cadro pintado ao óleo, unha alegoría relixiosa que amosa o "bo" e o "mal" camiño para un cristián. Un camiño leva ao paraíso, e o outro ao inferno.

Harun Farocki: Lexicon

Harun Farocki: Diccionario

Kevin B. Lee

  • 2018
  • 13:10
  • Alemaña
  • DOC
  • COR

Cinco décadas de películas e material fílmico son transformados nun vocabulario audiovisual, para ensinar conceptos clave farockianos da A á Z. Este videoensaio inspírase na institución que o encargou, o Instituto Goethe, na súa competencia como principal educador sobre a lingua alemá no mundo, así como tamén na fascinación perpetua que tiña Farocki polas funcións pedagóxicas das películas e os medios de difusión.

Schlagworte, Schlagbilder. Eine Gespräch mit Vilém Flusse

Frases gancho - Imaxes gancho. Unha conversa con Vilém Flusser

Harun Farocki

  • 1986
  • 13:00
  • Alemaña
  • DOC
  • COR

Farocki conversa co filósofo Vilém Flusser sobre como se organiza a portada do xornal diario de prensa amarela Bild Zeitung. Esta páxina é concibida como unha entidade en si mesma: por un lado, é imposible entender o texto sen atender ás imaxes, usando o máximo impacto; por outro lado, a tipografía do titular (letras grandes sobre negro) crea unha impresión visual potente e salvaxe. Imaxe e texto polo tanto refórzanse o un ao outro, provocando o mesmo "impacto" informativo. (Locarno Film Festival, 1998)

Harun Farocki: Presented

Harun Farocki: Presentación

Kevin B. Lee

  • 2018
  • 11:20
  • Alemaña
  • DOC
  • COR

Que se pode aprender observando so os momentos nos que o artista aparece no seus propios traballos? Harun Farocki aparece en 24 das súas propias películas, o seu tempo en pantalla suma un total de 2 horas e 21 minutos, suficiente como para facer unha película. A metraxe amosa unha relación singular, e que vai evolucionando, entre un home e as súas propias imaxes.

Parallele II

Paralelo II

Harun Farocki

  • 2014
  • 09:00
  • Alemaña
  • ANI
  • COR

Parallel II and III procura as fronteiras entre os mundos dos xogos e a natureza dos obxectos. Resulta que moitos mundos de xogos toman a forma de discos flotando no universo (unha reminiscencia das concepcións prehelénicas do mundo). As palabras teñen un proscenio e unha cortina de fondo, como o escenario dun teatro, e as cousas nestes xogos non teñen unha existencia real. Cada unha das súas propiedades debe ser construída e serlles asignada de forma separada.