Xurados

Xurado Radar

  • Paolo Bertolín

    Paolo Bertolin é un programador de cine, escritor e produtor. No 2008 incorporouse ao Festival Internacional de Cine de Venecia como membro do comité de selección. Dende o 2010 traballa como consultor rexional, cubrindo diversos territorios, como o sueste de Asia, o subcontinente indio, Turquía e Corea do Sur. Este ano ademais incorporouse ao comité de selección da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes. Traballou para varios festivais e institucións internacionais, como o IFFRotterdam, o Doha Film Institute, o Locarno Open Doors, o Udine Far East Film Festival, o Nyon Visions du Réel, o Mumbai IFF, o Beijing IFF, o Hanoi IFF, o IFFBratislava, etc. Aventurouse na producción con varias películas asiáticas, como Big Father, Small Father and Other Stories (Vietnam, 2015) de Phan Dang Di, A Lullaby to the Sorrowful Mystery (Filipinas, 2016) de Lav Diaz, e a curtametraxe Chitrashala (India, 2015) de Amit Dutta, todas inscritas na Competición da Berlinale.

     
  • Mercedes Martínez

    Mercedes Martínez-Abarca traballa desde 2009 no International Film Festival Rotterdam, onde actualmente forma parte do comité de programación. Durante cinco anos coordinou o Holland Film Meeting Co-Production Platform. Ademais traballou para a distribuidora internacional Fortissimo Films (Amsterdam) e colaborou en diversos festivais e mercados de coprodcción, como Abycine Lanza ou Acció Curts (L´Alternativa). En 2017 incorpórase ao Festival Internacional de Cine de Gijón como parte do equipo de programación e asesora de industria.

  • Kevin B. Lee

    Kevin B. Lee é cineasta, artista audiovisual e crítico. Produciu máis de 360 videoensaios explorando o cine e os medios de comunicación. No 2017 foi Artista Residente do Harun Farocki Institut, en Berlín. El e Chloé Galibert-Laîné recibiron os seguintes premios: no 2018 a Bolsa do Sundance Institute Art of Nonfiction, e a Residencia da European Media Artist Platform, e no 2019 o premio Euroimages Lab Project no Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary. É profesor de Publicacións Crossmedia na Merz Akademie, Stuttgart.

Xurado Explora

  • Laura Huertas

    Artista e cineasta franco-colombiana. Doutora en Artes Visuais da Universidade PSL (programa SACRe), formou parte do Sensory Ethnography Lab da Universidade de Harvard. As súas películas entrelazan a etnografía, a ecoloxía e a ficción, narrando diferentes estratexias de supervivencia, de resistencia e de resiliencia contra a violencia. As súas obras foron presentadas en festivais de cine internacionais como o Viennale, Toronto, o New York Film Festival, Rotterdam, La Habana, FICValdivia ou Cinéma du Réel; e foron premiadas no festival de Locarno, FIDMarseille, Doclisboa e Videobrasil, entre outros. 

  • Eve Heller

    Eve Heller comezou a estudar cine cando tiña 17 anos, asistindo ao Departmento de Estudios sobre os Medios de Comunicación da S.U.N.Y, nas universidades de Buffalo e Nova York. Licenciouse en Literatura Alemana e en Estudos Interdisciplinares no Hunter College no 1987, e obtivo un Máster en cine no Bard college no 1993. Os seus traballos galardonados foron exhibidos en moitos sitios, tanto nos Estados Unidos como internacionalmente, en lugares como o Museo Whitney de Arte Estadounidense, o Collective for Living Cinema, o Festival de Cine de Nova York, Pacific Film Archives, Cinematheque Ontario, o Festival Internacional de Cine de Rotterdam, o Louvre, o Viennale e no Austrian Filmmuseum en Viena. Eva imparte obradoiros por todo o mundo acerca da rodaxe con medios analóxicos e traballa como tradutora de alemán e inglés, sendo especialista en textos relacionados co cine. Na actualidade vive e traballa en Viena, Austria, e en Hyde Park, Nova York.

  • Rocío Mesa

    Rocio Mesa é unha cineasta de orixe español afincada en California. É a directora de “LA OLA - Independent Films from Spain”, unha entidade que ten como obxectivo a visibilización do cine contemporáneo español en Norteamérica. LA OLA celebra desde 2015 unha mostra de cine anual con sede en Los Angeles (American Cinematheque), New York (Anthology Film Archives) e Ciudad de México (Cineteca Nacional). Rocío é programadora de cine en eventos internacionais como Art House Theater Day, festivais como LA Film Festival e salas independentes. Foi galardoada cunha beca Talentia e os seus traballos foron seleccionados en festivais como BAFICI, SEFF ou Alcances; e screenwriting LABs como Sundance Faliro House ou Sources 2.  

Xurado Planeta GZ + Penínsulas

  • Ana David

    Ana David (1989) é programadora de curtametraxes e responsable de industria no IndieLisboa - Festival Internacional de Cinema Independente, e membro do comité de selección da sección Panorama da Berlinale. Recentemente colaborou co 62º BFI London Film Festival como programadora, cun foco especial en documentais. Iniciou a súa carreira no Queer Lisboa - Festival Internacional de Cinema Queer, onde traballou entre o 2010 e 2015 como codirectora e programadora. Viviu en París, onde colaborou ata 2016 co Festival Scope, a plataforma online de referencia de streaming de filmes independentes seleccionados a partir de máis de 90 festivais. Tamén traballou como coordinadora no Lisbon Docs - Fórum Internacional de Financiación e Coprodución de Documentais, e como distribuidora de curtas en Portugal Film - Axencia Internacional de Cinema Portugués. 

  • Lúa Ribeira

    Aprobou con honores a Licenciatura de Ciencias da Información, na Universidade de Vigo, no 2009. No 2010 mudouse a Barcelona e estudou Deseño Gráfico, onde descubriu a fotografía. Lúa mudouse ao Reino Unido no 2012 e posteriormente matriculouse nun curso de Fotografía Documental. A súa práctica, caracterizada pola súa natureza colaborativa, é o resultado dunha extensa investigación e unha aproximación inmersiva cara o tema en cuestión. Lúa foi galardoada co Firecracker Grant no 2015, o Magnum Graduate Photographers no 2017, e co Jerwood Photoworks Award no 2018. A súa serie Noises in the Blood, sobre a cultura dancehall xamaicana no Reino Unido, foi publicada en forma de libro por Fishbar no 2017. A serie tamén foi publicada no libro Firecrackers, Female Photographers Now (2017), por Thames and Hudson Ltd. Lúa converteuse en membro nomeado da Axencia Magnum no 2018.

  • Nico Combarro

    A Coruña, 1979.  É un cineasta e artista visual. A liña de sombra foi a súa primeira longametraxe, estreada no Festival Internacional de San Sebastián e premiado como mellor documental no Festival Internacional de Cine de Guadalajara e no Festival de Cine Español de Toulouse. Colaborou con Alberto García-Alix como realizador nas súas curtametraxes e mediometraxes experimentais, que foron exhibidos en festivais, centros de arte e galerías de todo o mundo como o Festival de Cine de Estoril-Lisboa, o Museo Raíña Sofía (Madrid) ou o Palais de Tokio (París), entre outros. É comisario de exposicións e realizou proxectos en galerías como o Museo da Fotografía de Moscova ou Les Rencontres Internationales de Arles. Como artista expuxo en diversos espazos como no CGAC (Santiago de Compostela), o Palexco e Fundación Seoane (A Coruña), o MARCO (Vigo), ou o MEP e a Solo Galerie (París), entre outros.

Xurado Novo

  • Aldara Pagán

    Ourense, 1997. Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora e protagonista da curtametraxe O que precede a caída é branco (2018), premiada no Festival de Cans polo xurado de veciñas e veciños como mellor obra de ficción e animación. Coorganizadora das Xornadas A outra mirada: cinema e muller. Redactora na revista online de crítica cinematográfica A Cuarta Parede. Formou parte do Xurado da Xuventude na 66ª edición do Festival de San Sebastián e do Xurado Novo na 32ª edición do Festival Cineuropa. Alumna da modalidade de Creación na Elías Querejeta Zine Eskola (curso 2019-2020).

  • Andrés Sanjurjo

    A Coruña, 1993. Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Burgos, cunha formación especializada en cinema tras un intercambio en Chile e Portugal. Continuou os seus estudos co Máster Documental de Creación, no que empeza a desenvolver a súa primeira longametraxe: Tremeloces dunha viaxe alén do mar. Traballou en O Que Arde, de Oliver Laxe, como segundo de dirección. Foi axudante de produción en Forastero Films e despois fixo prácticas profesionais en Zeitun Films. Realizou obradoiros con artistas e cineastas como Abbas Kiarostami, Víctor Erice, ou Boris Lehman, e críticos como Jonathan Rosenbaum, Roger Koza ou Iván Pinto. O baile dos redeiros, peza realizada no obradoiro con Abbas Kiarostami, foi exhibida en festivais e galerías como o Farj Film Festival, a Galería Lar ou o Cinema D’Autor.

  • Antía Carreira

    Lugo, 1995. Formada en Son e Imaxe na Escola Superior de Artes e Design das Caldas da Rainha (Portugal) e en Comunicación Audiovisual. A súa creación artística estuda as posibilidades expresivas da mestura de diferentes artes visuais e baséase na complexidade das relacións establecidas polas persoas co seu medio e consigo mesmas; a través da animación, a fotografía e o vídeo. Entre os seus proxectos máis recentes, atópase o fashion film Pestanas Postizas e o documental experimental Formigón, en proceso.

  • Breogán Martínez

    Nado en Cangas do Morrazo e criado en Celeiro, abandonou o mar para varar nas pedras de Santiago de Compostela. Técnico Superior en Produción Audiovisual e de Espectáculos. Fotógrafo autodidacta. Combina a súa participación na produción técnica en festivais, como o Son do Camiño ou o Portamérica, coa realización artística de diferentes proxectos fotográficos persoais e outros cinematográficos.

  • Iria Loira

    Pontevedra, 1996. Graduada en Comunicación Audiovisual, comezou a desenvolver traballos durante a carreira no ámbito cultural organizando A outra mirada: cinema e muller, ciclo de cine en clave de xénero que na súa última edición colaborou co Cineclube de Santiago de Compostela. Interesada nas artes visuais, onde destaca a fotografía e o deseño, continúa a súa traxectoria profesional como fotógrafa e videógrafa, á vez que colabora en curtametraxes como O que precede a caída e branco (Aldara Pagán, 2018), onde levou a cabo a dirección de fotografía, e continúa a súa formación en diferentes obradoiros e seminarios.

  • Manuel Blanco

    Nacín na primavera de 1997. Non crecín nun ambiente musical pero a música me chamou dalgunha maneira. Levo tocando en bandas desde antes de ter bigote. Son técnico de son e produtor musical.  Fai pouco tempo atopei visibilidade, proxección e encaixe en Blanco Palamera.

  • Ana Díez

    Nacín en Verín no outono do 94. Fun adolescente en Vigo e, mesmo despois de case seis anos en Compostela, aínda ás veces póñome “vigoñenta”. Estudei políticas por compromiso militante e fago xestión cultural por vocación. Son autónoma, en facenda e nas miñas decisións. Comunicar e producir nas industrias creativas é para min unha regalía. Cando teño tempo libre creo contido en Insomne.gal.

Xurado CREA

  • Toño Chouza

    Director de cine e publicidade. Graduado en Dirección Cinematográfica pola ESCAC. No 2018 obtén a subvención de TALENTO de AGADIC para a escritura da súa primeira longametraxe, unha adaptación libre de Ensam (1903, August Strindberg), baixo o título Unidad Mínima. Actualmente está inmerso na escritura do seu segundo guión para unha longametraxe: Meiga. Dirixiu curtametraxes con percorrido en festivais internacionais, dúas longametraxes documentais por encargo, videoclips e fashion movies, entre outros. No ámbito da publicidade, dirixiu pezas para marcas como Adidas, eBay, Desigual, Abanca ou Turismo de Canarias, e traballou para axencias como Sra. Rushmore, McCANN, J. Walter Thompson ou Larsson-Duprez. Na actualidade forma parte do roster de realizadores de Pueblo Films (Madrid), Celofán (Barcelona), Home Films (México) e Nice Workers.

  • Rafa de los Arcos

    Dedícase ao mundo da realización e a montaxe. Comeza no ámbito do videoclip, onde realiza pezas para artistas como Julio de la Rosa, Niños Mutantes ou Love of Lesbian. En ficción comeza co guión e a realización de tres curtametraxes: Uruguay 2030, El Baile Maldito e Everest, cos que consegue un gran recorrido por festivais. Con La Planta, gaña a mención especial do xurado no festival iberoamericano ABC. Na publicidade traballa para marcas como Nissan, Adidas, Redbull, ou Vice, e na televisión guioniza e dirixe o documental Dos platos y un micro, 30 años de cultura Hip Hop en España para RTVE. Tamén traballou como docente en escolas como a ESCAC oy no Tecnocampus de Mataró. Actualmente está a presentar o documental El equipo de mi barrio, gañador do premio do público no Festival Internacional de Cine de Xixón.

  • Gael Herrera

    Gael Herrera Batallán é unha realizadora e empresaria do audiovisual galego-chilena que leva anos dedicándose ao mundo da televisión. Ao longo da súa carreira creou diversos formatos orixinais dende a súa produtora Tamboura Films para a TVG (Televisión de Galicia) que chegaron a venderse a RAI3 e a Endemol Shine. Tamén realizou diversas curtametraxes, poñendo o sentimento en todo o que fai, para captar a esencia da vida e poder editala. Os seus estudos foron en Santiago de Chile e en Madrid e recibiu unha bolsa da Berlinale Talent Campus e da Asian Film Academy de Nueva Delhi. É unha das fundadoras do festival Curtocircuíto.

Xurado Agag

  • Sara Gómez

    A Coruña, 1979. Licénciase en Comunicación Audiovisual en Barcelona, realiza un posgrao en Dirección de Fotografía na ESCAC e traballa como fotógrafa e auxiliar de cámara en diversas longametraxes como Promedio Rojo, ou Vete de mi. No 2007 regresa a Galicia, onde cursa un Máster en Produción e Xestión Audiovisual e enfoca a súa carreira cara o guión e o desenvolvemento de proxectos.  Tras recibir unha Beca Primera Obra de Caixa Galicia (2007) e dúas subvencións de AGADIC (2007 e 2009), especialízase na escritura de series de ficción como Padre Casares, Matalobos, Luci ou Urxencia Cero. Na actualidade, compaxina o seu traballo de guionista, coa maternidade, a docencia e a búsqueda da súa propia voz narrativa. 

  • Paulo Rubal

    Adícase a contar cousas cando lle coincide. Estudou Comunicación Audiovisual e un Mestrado de Guión porque non lle gusta o traballo remunerado nin o capitalismo en xeral. Desenvolveu formatos para televisión e colaborou con produtoras coma Tamboura, Tex45 ou a canle Nós TV.  A día de hoxe forma parte do equipo de guión do programa Malo Será!, da Televisión de Galicia, e ultima a montaxe da curta Chico conoce Chica. Tamén virou a súa carreira cara a educación das artes escénicas e visuais, porque de algo hai que vivir. Non ten moita traxectoria, pero si a suficiente vaidade como para xulgar o traballo de xente con máis talento e experiencia ca el. 

  • Andrés Castro

    Como reza a súa ficha de AGAG, é “crítico de cinema no Sermos Galiza, guionista vocacional, director oportunista, actor ocasional, pai a tempo completo e funcionario no tempo libre”. Crítico de cinema do Sermos Galiza dende o 2013. Escribiu e dirixiu as curtametraxes A chamada (2012), O cartaz (2017), Metrocabina (2018, codirixida con Silvia Otero) e Atopando o camiño (2019, codirixida con María Fanjul). Ademais de ser membro de AGAG, tamén pertence á Asociación Galega da Crítica. As súas curtas exhibíronse en festivais tan dispares como a Mostra de Cine de Lavapiés, o Festival de Cine Internacional de Honduras, o Freakemacine, os Premios Fouciño, as Xociviga, a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo ou o FIC ESMI (Arxentina).

Xurado Camira

  • Eloy Domínguez Serén

    1985, Simes (Galicia). Graduouse no 2010 na Universitat Autònoma de Barcelona. Traballou como crítico de cine en radio e prensa escrita, e foi cofundador e codirector da revista A Cuarta Parede. No 2012 trasladouse a Suecia, onde realizou a súa primeira curtametraxe: PETTRING. No 2014 estreou dous novos proxectos, a curtametraxe NO NOVO CÉIO e a mediametraxe JET LAG (programado en FID Marsella, Doc’s Kingdom, Museum of the Moving Images de Nova York ou Etats Généraux de Lussas, entre outros). A súa película NO COW ON THE ICE estrouse no 2015 en Visions du Réel e foi programada en diversos festivais internacionais, mentres que os seus cortos YELLOW BRICK ROAD e RUST foron estreados no Jihlava IDFF 2015 e FID Marsella 2016, respectivamente. No 2017 o seu proxecto HAMADA gañou dous premios no Doc Outlook do Visions du Réel e en Las Palmas e foi seleccionado na Doc Station da Berlinale. A súa estrea mundial foi no IDFA 2018 e foi premiado no Cinéma du Réel, Xixón, Porto/Post/Doc e Tempo.

  • Marta Pérez

    Marta Pérez Pereiro (Vigo, 1976) é profesora contratada doutora na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC), onde imparte docencia na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade. É membro do grupo de investigación Estudos Audiovisuais e Centro de Estudos Fílmicos (CEFILMUS) da USC. As súas áreas de investigación son o cinema contemporáneo, concretamente os small cinemas, o humor nos medios de comunicación e a rendición de contas dos medios de comunicación. 

  • Antonio M. Arenas

    Antonio Miguel Arenas (Granada, 1986) é Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Málaga. En 2012 participou xunto a un grupo de compañeiros na creación da Revista Magnolia, publicación online de crítica e análise cinematográfico activa ata 2017. Desde entón colaborou con diversos medios especializados como eCartelera e Otros Cines Europa, sen abandoar unha formación multidisciplinar. Durante dous anos foi membro do departamento de prensa de Punto de Vista e foi responsable de prensa e programación as últimas tres edicións do Festival Internacional de Jóvenes Realizadores de Granada. Na actualidade forma parte da primeira promoción do postgrao de Comisariado da Elías Querejeta Zine Eskola de San Sebastián, onde se atopa desenvolvendo un proxecto arredor do vídeo-ensaio.