Filmes

Todos os filmes

Planeta GZ

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena cinematográfica galega.

Ler máis Ver menos

Planeta GZ 1

Teatro Principal

Duración: 79m 28s

Joven y Carmen

Joven y Carmen

Borja Santomé

  • 2019
  • 06:50
  • Galicia
  • ANI, EXP
  • COR

O argumento desta proposta parte dunha personaxe chegada hai pouco a Roma que vive unha peripecia transcendental na cidade. Este individuo serviralle ao director como vehículo para plasmar o espírito da cidade así como un relato de especial relación coa pintura e a paisaxe.

Rexistros (xeografía de San Sadurniño)

Rexistros (xeografía de San Sadurniño)

Adrián Canoura

  • 2018
  • 14:30
  • Galicia
  • DOC
  • COR

Unhas árbores, uns animais, luces, cores, espazos...Unha navegación sensorial polas aldeas de San Sadurniño, onde ver é reter-percibir, onde o ollo non está contaminado e goza a través da aventura da percepción. Parafraseando a Stan Brakhage, "Cantas cores hai nun campo de herba para o bebé, que gatea ignorante do "verde"?. Cantos arcosdavella pode crear a luz para o ollo non educado?. Canto conscente das variacións nas ondas de calor por estar ese ollo?"

Parpadeo

Parpadeo

Judith Adataberna

  • 2019
  • 03:52
  • Galicia
  • ANI
  • COR

Parpadeo preséntase coma un experimento fílmico que xoga desafiando o limiar de consciencia visual humana. A absorción e o efecto do bombardeo de imaxes que sufrimos na aceleración contemporánea, descomponse como unha melodía chea de necesidades. Dende esta perspectiva, dous espazos opostos, cidade e natureza dialogan interpelándose nunha reflexión sobre o hábitat.

Analóxica

Analóxica

Anxos Fazáns

  • 2019
  • 13:46
  • Galicia
  • EXP, FIC
  • COR
Apertas o botón e a película comeza a correr. O son do motor movendo cada fotograma despois de ser exposto. A luz e a súa sombra, a imaxe fixada para sempre. O desexo de filmar e ser filmada. O desexo contido en cada plano, en cada mirada a través do visor. Non existe repetición, todo é auténtico.

Como desaparecer

Como desaparecer

Carlos Martínez-Peñalver

  • 2018
  • 05:05
  • Galicia
  • EXP, FIC
  • COR

Joel decide marchar cara un territorio descoñecido, deixando ao seu paso como única pista unhas bobinas de 16mm. Unha mensaxe encriptada onde se entrevé unha viaxe sobre o desapego e a procura dunha nova ligazón coa natureza.

Glimpses on devil's eye

Unha ollada ao ollo do demo

Judith Adataberna

  • 2019
  • 15:07
  • Galicia
  • EXP
  • COR

Trato de imaxinar que haberá dentro do ollo do demo. Tres cortinas caleidoscópicas atravesan a pupila maligna e penso, se dentro non haberá unha cova chea de tesouros e xemas preciosas, protexidas con furia por un dragón aterrador. O demo garda dentro de si as miradas máis doces e as visións máis belas, como unha ferida aberta abismada en dúas direccións. O mundo descomponse triste, cando todo é demasiado violento para ser visto. Agora que o penso, eu son ese demo.

La jovencita no envejece, se descompone

A moziña non envellece, descomponse

Álvaro F. Pulpeiro

  • 2019
  • 20:18
  • Colombia, España
  • EXP, FIC
  • COR

Na Guajira, unha paraxe que parece non ter comezado nin ter cesado de existir, suspendido nun tempo que non pasa, elástico e eternamente crepuscular, unha moziña extravíase. A moza deambula sen voz, só con música, vento e area. Que procura e a onde se dirixe? Quizais escapa de algo que non ten remedio? A moza non envellece, descomponse.