Proxeccións
-
Proxeccións Teatro Principal, Salón Teatro e Numax: 3 €
-
Catálogo: 1 €
Concertos e performances
-
Myriam Bleau presentando Ballistics + Mundo Prestigio: Entrada de balde, previa retirada de invitación na billeteira do Teatro Principal (billeteira da Sala Capitol no mesmo día do espectáculo) | Máximo 2 invitacións por persoa
-
Marta Verde + Artur M. Puga + Javier Martín presentando RŪGA: 5 €
Abonos
Lugares e horarios de venda
Online Compostela Cultura: Todos os abonos e entradas poderán ser adquiridas online a través da páxina de Compostela Cultura.
Teatro Principal: Neste despacho de billetes poderanse adquirir e retirar os abonos e entradas para todas as proxeccións e concertos do festival, sexa cal sexa seu emprazamento | Os abonos e entradas individuais poderanse retirar a partires do 23 de setembro | As invitacións para o acto de inauguración poderanse recoller a partires do xoves 26 de setembro | As invitacións para o acto de clausura poderanse recoller a partires do xoves 3 de outubro | Horario Teatro Principal: de martes a sábado entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h.
NUMAX: Aquí só se poderán adquirir e retirar entradas para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Horarios: Dende o 23 de setembro, no seu propio despacho de billetes de 16:00 – 22:30h. Luns pechado.
Nos concertos e performances, ademais da compra online ou a compra directa no despacho de billetes do Teatro Principal, será posible adquirir entradas dende unha hora antes do espectáculo no despacho de billetes do emprazamento correspondente.
Avisos importantes
-
Para acceder ás proxeccións, concertos e performances é necesario retirar sempre a entrada previamente no despacho de billetes (a excepción das entradas compradas online, que non precisan ser canxeadas previamente).
-
O abono de proxeccións non garantiza o acceso a todas as proxeccións. O acceso ás mesmas farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes: por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.
-
O abono de proxeccións non dá acceso nin ás actividades formativas nin aos concertos e performances.
-
A clausura e a inauguración son de balde, ata completar aforo, previa retirada das entradas no despacho de billetes do Teatro Principal a partires do 26 de setembro para as entradas da inauguración, e o 3 de outubro para as entradas da clausura.