Filmes

Todos os filmes

O que arde

Oliver Laxe (París, 1982) estréase na longametraxe en 2010 con Todos vós sodes capitáns, galardoada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes co Premio da Crítica Internacional. Mimosas, a súa segunda película, gaña o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 e é estreada en salas españolas por NUMAX Distribución ese mesmo ano. En 2019, con O que arde, Laxe obtén o Premio do Xurado na Sección Oficial - Unha Cierta Mirada converténdose no primeiro cineasta español xunto a Víctor Erice en ser seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en gañar en todas as súas participacións.

Ler máis Ver menos

O que arde

Esta proxección contará coa presenza do director e dos protagonistas, Benedicta Sánchez e Amador Arias.

Teatro Principal

Duración: 85m 00s

O que arde

O que arde

Oliver Laxe

  • 2019
  • 85:00
  • España, Francia, Luxemburgo
  • FIC
  • COR

Tras cumprir condena por ter provocado un incendio, Amador é posto en liberdade. Ao saír do cárcere, ninguén o agarda. Nunha aldea perdida das montañas lucenses, volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza. Pero todo cambia cando un lume violento arrasa a zona. 

Preestrea en Galicia