Filmes

Todos os filmes

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos

Radar 1

Teatro Principal

Duración: 71m 50s

Como Fernando Pessoa Salvou Portugal

Como Fernando Pessoa salvou Portugal

Eugène Green

  • 2018
  • 26:58
  • Portugal, Francia, Bélxica
  • FIC
  • COR

Durante os anos 20, a petición dun dos seus empregados, o poeta Fernando Pessoa concibe un slogan publicitario para a bebida Coca-Louca, que aterra ao goberno autoritario da época.

Levittown

Levittown

Nelson Bourrec Carter

  • 2018
  • 13:11
  • Francia, EUA
  • EXP, FIC
  • COR

Un home novo camiña polo barrio residencial de Levittown, o primeiro suburbio estadounidense, mentres recita un monólogo feito de liñas estrañamente familiares. Cando o sol se pon, unha muller nova dunha casa que está preto enfróntase a unha ameaza invisible.

Estrea en España

The Boogeywoman

A muller do saco

Erica Scoggins

  • 2018
  • 17:00
  • EUA
  • FIC
  • COR

Baixo as febres do seu primeiro período, unha adolescente tardía vese atormentada pola lenda local do seu pequeno pobo, só para descubrir que "A muller do saco" é de carne e óso. A nai que nunca tivo.

Estrea en Galicia

Fuck You

Que te fodan

Anette Sidor

  • 2018
  • 14:41
  • Suecia
  • FIC
  • COR

Alicia está con Johannes pero non ten suficiente espazo para ser ela mesma. Unha noite de festa con amigos, rouba un strap-on e pon a proba as ideas do seu mozo sobre as rapazas.