Filmes

Todos os filmes

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos

Radar 6

Teatro Principal

Duración: 66m 16s

Les Proies

O xogo

Marine des Contes

  • 2018
  • 53:00
  • Francia
  • DOC
  • COR

Protexidos dentro da súa cabana, uns cazadores examinan o ceo do outono da rexión de Landes, no sueste de Francia. Meticulosa e pacientemente, escoitan os renxidos do bosque, observando impacientes a que unha pomba torcaz lles voe por riba. Realizando unha curiosa coreografía, tiran dunha das cordas da súa trampa.

Estrea en España

On the Art of Set Design

Sobre a arte da escenografía

Jan Ijäs

  • 2019
  • 13:16
  • Finlandia
  • EXP
  • COR

Esta película está baseada no tratado de dirección On the Art of Cinema do exlíder de Corea do Norte, Kim Jong Il, centrándose en particular no capítulo The Sets Should Reflect the Times, pasaxes do cal son lidos en alto polo narrador.

Estrea en España