Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 1

Teatro Principal

Duración: 65m 20s

Vever (for Barbara)

Vever (for Barbara)

Deborah Stratman

  • 2018
  • 12:00
  • EUA
  • DOC
  • COR, B&N

Unha unión interxeracional de 3 cineastas que procuran posibilidades alternativas para as estruturas de poder das que forman parte inherentemente. Cada muller estende a súa mirada como tendendo a man cara un suxeito do que está fóra. Vever (for Bárbara) xurdiu dos proxectos abandonados de películas de Maya Daren e de Barbara Hammer. Gravada no punto máis afastado dunha viaxe en moto que realizou Hammer, ata Guatemala en 1975, mesturado coas reflexións de Deren sobre o fracaso, o encontro, e a iniciación, no Haití do 1950.

Estrea en Galicia

The Sound Drifts

The Sound Drifts

Stefano Canapa

  • 2019
  • 08:20
  • Francia
  • EXP
  • B&N

Unhas hiptonizantes pistas de audio bailan ao ritmo da banda sonora da última película de Canapa, Jérôme Noetinger, para a que Canapa gravou unha actuación en solitario do artista sonoro francés. Como membro da renomeada Cellule d'intervention Metamkine, Noetinger manipula a cinta magnética creando sons feitizantes, agora enriquecidos con efectos estroboscópicos.

Lore

Sabedoría popular

Sky Hopinka

  • 2019
  • 10:00
  • EUA
  • EXP
  • COR

Imaxes de amigos e paisaxes son cortadas, fragmentadas e reagrupadas de novo nun proxector por unhas mans que guían a súa forma e a súa construción nesta película que xorde de Nostalgia, de Frampton Hollis. A voz cóntanos unha historia sobre un pasado e unha ruína non tan distantes, con trazas de nostalxia articuladas a modo de sabedoría popular; coñecementos e lembranzas transmitidos e compartidos non como se fosen unha perda melancólica, senón como un pastiche de meditación, reprodución, e creación.

Walled Unwalled

Muros non tan muros

Lawrence Abu Hamdan

  • 2018
  • 21:00
  • Alemaña
  • EXP
  • COR

No ano 2000 había un total de quince muros e vallas fronteirizas fortificadas entre nacións soberanas. Hoxe en día, barreiras físicas en sesenta e tres fronteiras dividen nacións en 4 continentes. Mentres se construían estes muros, millóns e millóns de partículas cósmicas chamadas muons entraron na atmosfera terrestre e penetraron varios metros, a través de capas de cemento, solo e roca. Os científicos déronse conta de que estas partículas capaces de penetrar tantos metros podían ser colleitadas. Os muons permitíronnos ver por vez primeira o contrabando oculto nos contedores de transporte cubertos de chumbo e o interior das cámaras secretas enterradas dentro das paredes de pedra das pirámides. Agora ningunha parede da terra é impermeable. Hoxe en día, todo é muro, e non hai muro ningún.

Estrea en Galicia

Algo-Rhythm

Algo-ritmo

Manu Luksch

  • 2018
  • 14:00
  • Reino Unido, Senegal
  • EXP, ANI
  • COR

Algo-ritmo, filmado en Dakar coa participación de importantes músicos, poetas e grafiteiros senegaleses, pon de manifesto as insidiosas e amplas ameazas aos dereitos humanos que supón o aumento da cuantificación e do tratamento en forma de algoritmos da vida diaria. Empregando hip-hop, drama, arte urbano e unha forma de facer cine baseada en datos, a obra explora como a aceptación da vantaxosa intelixencia das máquinas, a cal está presente nas sinxelas aplicacións dos smartphones, fainos vulnerables á manipulación por parte dos actores políticos. 

Estrea en España