Filmes

Todos os filmes

Filmmakers x Filmmakers

Como un espello que se olla a si mesmo, Filmmakers x Filmmakers quere pensar no cinema desde o cinema. Un espazo para o comentario, a análise e a reflexión da obra de autores consagrados dende o punto de vista dos seus colegas de profesión.

Ler máis Ver menos

Filmmakers x Filmmakers 3

NUMAX

Duración: 63m 00s

Rock Hudson Home Movies

As películas domésticas de Rock Hudson

Mark Rappaport

  • 1992
  • 63:00
  • EUA
  • DOC
  • COR, B&N

Un documental sobre a carreira e a morte, a causa do Sida, do actor Rock Hudson. As películas domésticas de Rock Hudson é unha compilación de momentos privilexiados de varios vehículos de Hudson que, dunha forma ou doutra, confirman ou negan (e polo tanto serve para reconfirmar) a homosexualidade ocultada a forza do actor. Empregando comentarios narrativos de ultratumba, a película inventa unha forma ecléctica de biografía. Canto máis de preto se observan as películas de Hudson, máis se aprecia ao actor chicándonos un ollo.