Filmes

Todos os filmes

Euloxio Ruibal e o Equipo Lupa

Curtocircuíto x Cineclube de Compostela: Euloxio Ruibal e o Equipo Lupa

Teatro Principal

Duración: 56m 42s

Holocausto

Holocausto

Euloxio Ruibal

  • 1972
  • 15:00
  • Galicia
  • DOC
  • B&N

Gravada na aldea de Figueiras, ao pé do compostelán monte do Pedroso, esta perturbadora curtametraxe sitúanos nun pobo imaxinario e sometido, que obedece dende tempos ancestrais a ritos e supersticións, entre as que se atopa a entrega dos acabados de nacer á deusa do pobo. A historia dun pai rebelde, que consegue salvar a súa crianza, e o seu posterior sacrificio, compoñen o armazón argumental da cinta. 

O Corpiño

O Corpiño

Equipo Lupa

  • 1972
  • 10:07
  • Galicia
  • DOC
  • COR, B&N

O corpiño achéganos á célebre romaría que no día San Xoán se celebra na parroquia de Santa María de Losón, nun outeiro situado no val do río Deza. A peza está dividida en dúas partes: unha primeira acompañada dunha voz en off onde centos de persoas se achegan ao santuario; e unha segunda, a procesión en si mesma, onde a virxe sae da capela e percorre o adro, tendo que ser tocada cunha prernda daquela persoa á que se quere curar do malfado. 

Peliqueiros

Peliqueiros

Equipo Lupa

  • 1973
  • Galicia
  • DOC
  • B&N

A filmación do entroido ourensán mantense coma un motivo case que constante nas distintas iniciativas cinematográficas da década, mais será a visita do grupo Lupa ao entroido de Laza e os seus célebres peliqueiros a que de comezo ao rexistro desta singular festividade. 

Rapa das Bestas

Rapa das Bestas

Equipo Lupa

  • 1972
  • 14:00
  • Galicia
  • DOC
  • COR

Continuando co rexistro de elementos patrimoniais da cultura galega que se crían en risco de desaparición, o Equipo Lupa achégase a unha das máis populares rapa das bestas, desta volta en Candaoso, Viveiro. 

O edificio Castromil

O edificio Castromil

Euloxio Ruibal

  • 1975
  • 17:35
  • Galicia
  • DOC
  • B&N

Filmación da demolición do edifico modernista situado na Praza de Galicia de Santiago de Compostela que fora construído en 1926 polo arquitecto coruñés Rafael González Villar e cuxo derrubo causou unha forte polémica en 1974, cando o concello da cidade expropia o inmoble para o seu derrubo. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) reclama que sexa declarado monumento Histórico Artístico pero a pesar das protestas o edificio derrúbase en 1975 para a construción dun aparcadoiro subterráneo.