Eventos

Todos os eventos

Esteban presenta... 'A túa festa do sábado noite'

Sala Capitol |

23:00 h

Entrada de balde ata completar aforo

Wikipedia define karaoke (カラオケ) como “unha forma de cantar sobre pistas de cancións seguindo a letra da mesma impresa nunha pantalla e tendo todo o acompañamento musical respectivo. Etimoloxicamente provén da palabra xaponesa kara (空), que significa baleiro; e oke, abreviatura xaponesa da palabra inglesa orchestra (オーケストラ, ōkesutora), orquesta. O que significa que a orquesta toca ‘en baleiro, sen cantante. Isto permite que calquera poida usalo como acompañamento para o seu canto.”

O karaoke é, ademais, un lugar para a exaltación da amizade, para afogar os corazóns rotos, para esquecerse do amor propio e expresar todo aquilo que só serías capaz cantando só na túa habitación. Así que, se eres desas persoas que canta a todas horas, aínda que os teus amigos digan que o fas mal, este é o teu sitio. O karaoke, un lugar onde la vergoña e o sonrojo non teñen cabida. 

Ven cantar como solista, a dúo, en grupos ou para facer os coros desde a pista… Trae todo o teu desparpajo contigo, a música xa a poñemos nós. E lembra: ¡ninguén te xulga!

Para a ocasión contamos cun maestro de cerimonias excepcional, o mítico Esteban, que foi mitade de Esteban & Manuel, curtido en mil batallas, en mil charangas e en mil orquestas. E non só será o noso anfitrión senón que traerá o seu piano para regalarnos o esplendor da súa maxia. Repite con nós: non penso perder esa festa, non penso perder esa festa...