Eventos

Todos os eventos

Café con CREA | 'Novo Cinema Galego: homoxéneo ou heteroxéneo?'

Salón Teatro |

19:30 h

A asociación CREA vólvese xuntar arredor dun café para debater sobre o Novo Cinema Galego. "Novo Cinema Galego: homoxéneo ou heteroxéneo" é o nome desta conversa na que falaremos sobre a corrente artística máis prolífica do cinema galego. Unha ollada aos últimos dez anos coa intención posta en analizar se o movemento segue a repetir as súas primeiras formulacións ou se ten avanzado na década pasada.

Modera: Fon Cortizo
Participan: Anxos Fazáns, Álvaro Gago (seleccionados en Planeta GZ)

Actividade en colaboración con: