Música

Todos os concertos

Vessel + Pedro Maia live A/V + Trifulca

Sala Capitol |

22:30 h apertura de portas ás 22:00 h

7 €

Vessel + Pedro Maia live A/V

VESSEL

O recoñecido produtor e compositor de música Sebastian Gainsborough comezou a súa carreira como provedor de música electrónica left field de baixos potentes, usando o seu gusto único para crear composicións inmersivas que exploran a textura e o tono, o orgánico e o artificial. O seu primeiro álbum, Order of Noise (Tri Angle Records, 2012) posicionouno como un artista na vangarda da nova música electrónica británica.

Punish, Honey (2014) supuxo o abandono do camiño que Vessel seguira ata o momento, deixando a un lado as ferramentas dixitais en favor de hardware analóxico e instrumentos creados a man para desenvolver unha paleta sónica única.

Mentres levaba a cabo esa exploración, Gainsborough compuxo Queen of Golden Dogs, o se álbum máis sólido e persoal. Este une os referentes de toda a súa carreira para crear composicións moi elaboradas e de gran profundidade que conectan con aquelas novas propostas experimentais que viña descubrindo tempo atrás. Combina cordas orquestrais punzantes con percusión propulsiva para conseguir un son que é a partes iguais Arnold Schoenberg e Oneohtrix Point Never. Queen of Golden Dogs foi publicado (de novo por Tri Angle) no 2018. Unha viaxe creativa que abarca dende a histeria propia dunha rave ata pezas neoclásicas, pasando por todo tipo de transicións vocais.

En directo, traballa co aclamado artista visual e colaborador dende hai moito tempo –Pedro Maia– director da obra mestra que acompaña ao single principal de QOGD, Paplu. Maia crea un acompañamento visual que se retroalimenta co carácter inmersivo e visceral de Gainsborough. Vessel continúa a ser unha voz realmente singular. Sexa cal sexa o seu próximo paso, é probable que te leve a algo distinto de todo o que escoitaras antes.

PEDRO MAIA

Nacido en Vila do Conde (Portugal), no 1983. Con base in Berlín. 

Pedro Maia é un cineasta que traballa principalmente con película de 16 e 8 mm, xogando cos límites e a estética do cine analóxico manipulando o material bruto e desafiando o proceso tradicional, expandindo continuamente o legado tecnolóxico e visual dos métodos clásicos de cine.

As súas películas foron presentadas en festivais de cine e galerías como a Tokyo Contemporary Art Museum, o Armenian Centre for Contemporary Experimental Art, o MACBA Barcelona, o Edinburgh International Film Festival, a Mostra São Paulo, o Curtas Vila do Conde ou o Indie Lisboa, entre outros.

Traballa tanto en solitario como en colaboracións con varios músicos: Vessel, Shackleton, Visionist, Jacaszek, Shxcxchcxsh, Tropic of Cancer, Craig Leon, Demdike Stare, Lee Ranaldo, Fennesz o Porto Remix Ensemble. Presentou algúns destes traballos en festivais internacionais como Sónar, Unsound, Berlin Atonal, All Tomorrow’s Party, Mutek, Dekmantel, TaicoClub Japan, Red Bull Music Academy, así como en institucións de renome como a The Barbican, Serralves Museum, CA2M Centro de Arte Dos de Mayo, Eye Film Museum, Contemporary Cultural Center of Valencia, Caixa Forum Barcelona, etc.

www.vesseluk.bandcamp.com

www.pedromaia.net/

Trifulca

Trifulca e o novo proxecto dos composteláns Carlos Gómez e Guillermo Cavero, ambos prolíficos artistas que formaron parte de proxectos musicais como Puma Pumku o Vozzyow. Agora deixaron as guitarras de lado e mergullaron as súas ambicións na música electrónica, o dark techno e o quakin bass. Unha música que nos invita a navegar cara ritmos agresivos que rozan o techpunk e texturas industriais que bordan o no wave abstracto propio dos 80’s. Están a punto de sacar novo material e de consolidar unhas datas realmente prometedoras ao acabar o verán.