Música

Todos os concertos

Blixa Bargeld

Salón Teatro |

21:00 h apertura de portas ás 20:30 h

18 €

Blixa Bargeld

Blixa Bargeld (Berlín Occidental, 1959) é guitarrista, compositor, intérprete, actor e poeta. En 1980 fundou o grupo EINSTÜRZENDE NEUBAUTEN, do que segue sendo líder e vocalista. De 1984 a 2003 foi tamén guitarrista e segunda voz dos lendarios Nick Cave and The Bad Seeds. Actuou en numerosos concertos por Europa, América do Norte e do Sur, Australia e Xapón. Ao largo da súa carreira exerceu de compositor, cantante, músico, intérprete, autor, actor, director e ponente. Durante os últimos anos traballou nunha serie de performances coa súa voz e toda clase de complementos electrónicos, xunto ao enxeñeiro de son de Einstürzende, Boris Wilsdorf.

Recentemente publicou Europa. Una letanía (Hurtado e Ortega Editores, 2019), que xorde a partir dunha xira en 2008, na que o autor percorre Europa, obsérvaa e retrátaa como unha cidade eufórica e aburrida de sí mesma que comeza a gretarse. 

 

SOLO VOCAL PERFORMANCE

Na súa Solo Vocal Performance, Blixa Bargeld explora os límites da comprensión do oínte de termos como “discurso”, “son” e “música”. O público é testemuña da distintiva voz de Blixa mentres crea arquitectura acústica, esferas sonoras e criaturas cacofónicas a partires de elementos esenciais de frases, palabras e sílabas considerados como “non musicais”. Murmurios e berros, sons agradables e indescifrables que se unen para formar unha composición de dimensións orquestrais que consiste totalmente de gravacións ad hoc da voz de Blixa Bargeld. O equipo usado é mínimo: o artista actúa só sobre o escenario, con catro pedais e un micrófono. Non hai mostras gravadas previamente, nin pistas de acompañamento. Todo o que escoita a audiencia é creado en directo sobre o escenario. Durante o transcurso da velada a voz de Bargeld demostra que é capaz de crear creacións acústicas case imposibles, utilizando teoría científica, ideas poéticas e xogos filosóficos, todo presentado baixo o elegante e irónico estilo de Bargeld.

www.blixa-bargeld.com