Tanto Radar como Explora recollen 38 filmes de ficción e non ficción heteroxéneos, frescos arriscados e que nalgúns casos reflexionan sobre grandes conceptos como o feminismo ou o colonialismo.
Os abonos poderán adquirirse por 14 € ata o próximo 12 de setembro e darán acceso a todas as proxeccións do festival.
Blixa Bargeld visitará Galicia por primeira vez en solitario! O alemán, figura imprescindible na música europea das últimas catro décadas, ofrecerá unha performance vocal en Curtocircuíto o sábado 5 de outubro. Ademais tamén contaremos cos live A/V do compositor e produtor inglés Vessel xunto ao cineasta portugués Pedro Maia; con Ballistics, da canadense Myriam Bleau; con RŪGA, colaboración entre a artista visual Marta Verde, o creador sonoro Artur M. Puga e o coreógrafo e investigador Javier Martín comisariada por Curtocircuíto; e co concerto de Trifulca.
A selección de películas que competirán en Penínsulas, o programa adicado ao cinema español, albergará os últimos traballos de cineastas como Chema García Ibarra e Ion de Sosa, Maddi Barber, Àlex Brendemühl ou Natalia Marín, entre outros.
Buscamos 30 persoas que queiran experimentar dende dentro o festival, contribuíndo en tarefas de apoio á organización de Curtocircuíto 2019. O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de setembro e o alumnado da USC poderá obter 1 crédito ECTS por participar como voluntariado.
Nesta edición contaremos con doce pezas na sección competitiva Planeta GZ, coa obra do fotógrafo vigués Nacho Alonso protagonizando Terra e con algúns dos novos creadores e creadoras máis prometedores do país na programación de Supernova.
A sesión especial que lles adicaremos en colaboración co Cineclube de Compostela contará coa proxección dos filmes Holocausto, O Corpiño, Peliqueiros, Rapa das Bestas e O edificio Castromil, no que se amosarán de novo en público, corenta anos despois, as imaxes do derrubamento do emblemático edificio compostelán no ano 1975.
Tras ser premiado no Festival de Cannes, o filme terá unha das súas preestreas en Galicia en Curtocircuíto o próximo martes 1 de outubro nunha sesión especial no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
O vindeiro 14 de agosto levaremos de novo o cine de verán ao centro histórico compostelán na nosa popular Noite Curta, unha sesión gratuíta ao aire libre na que proxectaremos unha selección especial de filmes deseñada polo noso equipo de programación.
Peter Tscherkassky será o protagonista da retrospectiva principal, a Joan Fontcuberta concederémoslle unha Carta Branca ademais de impartir unha clase maxistral e Laura Huertas Millán protagonizará a sección Púlsar, na que en cada edición destacamos o traballo de cineastas novas
Despois do éxito viral que tivo a proxección dos dous episodios de 'Coñeza vostede España: Compostela' e 'Coñeza vostede España: Camiño de Santiago', na Carta Blanca que o Cineclube de Compostela e Curtocircuíto - International Film Festival lle adicaron a Ezequiel Méndez Vidal, dende Curtocircuíto, de novo en colaboración co Cineclube e co propio Ezequiel Méndez, adicamos unha homenaxe para o desagravio do cineasta Claudio Guerín Hill, autor daquelas pezas.
A principal plataforma de cine online española pon unha selección de filmes de Curtocircuíto 2018 a disposición dos seus usuarios e usuarias. Entre os 17 títulos, que poderán verse ata o 10 de novembro, están as premiadas 592 metroz goiti (Premio do Público), Uluru (Premio Galiza) e Mi amado, las montañas (Premio Penínsulas).
Onte celebramos a gala de clausura da nosa 15ª edición e desvelamos os diferentes premios do noso palmarés. Parabéns aos premiados e premiadas!
Dende Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine queremos comunicarvos a cancelación da clase maxistral con Ulrich Seidl prevista para este sábado 6 de outubro por causas alleas á organización.
A actividade, que se desenvolverá entre os próximos 4 e 5 de outubro no Edificio ABANCA da Praza de Cervantes, consistirá nun conxunto de relatorios que aglutinará por primeira vez na historia as experiencias das catro xeracións en activo do noso audiovisual.
Profesionais e artistas recoñecidos internacionalmente como Martin Messier, Jacob Kirkegaard, José Luis Espejo, Jessica Sarah Rinland, Amanda Villavieja, Charly Schmukler e o colectivo Playtronica formarán parte da programación desta edición.
Radar inclúe 19 películas de ficción e non ficción que recollen as últimas tendencias do cinema de autor internacional, mentres Explora está composta de 27 obras que desafían as nocións convencionais do cine
A imaxe que propoñemos dende Curtocircuíto para esta edición continúa representando o espírito explorador do festival, sempre á procura de territorios por descubrir
Presentamos un foco na obra do cineasta italiano, que na última década retratou con grande sensibilidade a América profunda, e as sete películas da sección Penínsulas
Ademais da sección competitiva 'Planeta GZ', estreamos as seccións 'Terra', na que se fará un repaso pola traxectoria de directoras e directores galegos, e 'Supernova', que nace para salvar a brecha entre os centros de formación e os circuitos profesionais.
Buscamos 30 persoas que queiran experimentar dende dentro o festival, contribuíndo en tarefas de apoio á organización de Curtocircuíto 2018. O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de setembro e o alumnado da USC poderá obter 1 crédito ECTS por participar no voluntariado.
Anunciamos os primeiros convidados da nosa 15ª edición, que visitarán a cidade entre o 29 de setembro e o 7 de outubro. Trátase dos cineastas Ulrich Seidl e Bertrand Mandico, aos que se lles dedicarán cadansúas retrospectivas, e Jessica Sarah Rinland, directora que protagonizará a sección Púlsar.
Os abonos poderán adquirirse por 20 € ata o próximo 31 de agosto e darán acceso a todas as proxeccións e concertos do festival.
Os vindeiros 15 e 23 de agosto a partir das 22.00 horas, regresa o cine de verán ao centro histórico compostelán a cargo de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, cunha nova edición das nosas populares Noites Curtas, dúas sesións gratuítas ao aire libre.
Esta noite celebramos o noso acto de clausura no que se deron a coñecer os gañadores da nosa décimo-cuarta edición. Moitas felicidades aos premiados.
En Curtocircuíto queremos rendir homenaxe ao actor estadounidense, recentemente falecido, coa proxección de Harry Dean Stanton: Partly Fiction o domingo 7 de outubro ás 17:00.
O cineasta británico protagonizará a xornada inaugural de Curtocircuíto o sábado 30 de setembro.
O cartel da nosa décimo cuarta edición foi realizado polo equipo del festival, en colaboración con Juan Junquera I eMotive.
A décimo cuarta edición de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine amosará o traballo feito desde detrás da cámara do músico Stuart Staples e o Premio Nacional de Fotografía Alberto García-Alix.
faUSt actuará este outono en Compostela dentro da programación de concertos de Curtocircuíto, da que tamén forman parte o músico e performer francés Álex Augier, os norteamericanos Horse Lords e os live sets de Ricardo Remédio e Álex Silva, entre outros. O festival reforza así a súa proposta de marcado carácter interdisciplinario.
Os alumnos de Grao da Universidade de Santiago de Compostela que asistan ás nosas proxeccións e actividades poderán acadar ata dous créditos ECTS, colaborando nas actividades de voluntariado e tamén asistindo ás proxeccións.
Procuramos 20 persoas que desexen vivir o festival desde dentro, contribuíndo en tarefas de apoio. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro.
Arredor do Son é un conxunto de encontros interdisciplinarios que dialogan en torno ao concepto de son como forma de expresión e vía de coñecemento. O edificio Obra Social Abanca situado na praza de Cervantes aglutinará grande parte das actividades consolidándose como unha nova sede do festival compostelán.
Desde os seus inicios no ano 2000 Ertz ten contado coa presenza de destacados nomes da escena internacional de música experimental e arte sonora. Propón unha plataforma creativa, produtiva e en constante mutación para a realización de proxectos de arte contemporánea.
O xoves 31 de agosto presentamos na praza da Quintana a nosa segunda Noite Curta, nunha sesión gratuita ao aire libre que dará comezo ás 22.00 horas.
Os vindeiros 24 e 31 de agosto a partir das 22.00 horas, regresa o cine de verán ao centro histórico compostelán da man de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, cunha nova edición das nosas populares Noites Curtas, dúas sesións gratuítas ao aire libre.
Curtocircuíto celebrará a súa edición número catorce do 1 ao 8 de outubro dedicando cadansúa retrospectiva aos cineastas F. J. Ossang e Teddy Williams. Ademais destes directores, proximamente, será anunciada unha figura de referencia internacional que tamén estará presente no festival.